AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

As normas do turismo activo

2015-07-28

O verán é unha época moi apropiada para realizar actividades ao aire libre. Entre outras, o turismo activo é unha tendencia cada vez máis practicada por todo tipo de persoas; consiste na realización de actividades, xa sexan recreativas ou deportivas, en ambientes naturais.

España vén de adoptar tres normas internacionais, a UNE-ISO 21101, UNE-ISO 21103 e UNE-ISO/TR 21102, que suman seguridade á práctica do turismo activo. Ademais de describir un sistema de xestión de seguridade para este tipo de actividade, tamén se centran na información que debe proporcionarse aos participantes antes, durante e despois da actividade, así como na competencia dos líderes.

Por exemplo, a información previa á reserva da actividade debe incluír, entre outros aspectos: a descrición e o prezo da actividade; o número de participantes e o número de líderes; o itinerario da actividade; a dispoñibilidade de instalacións para persoas con necesidades especiais, etc. Pola súa banda, os líderes deben coñecer certos aspectos tales como as técnicas de xestión e integración de grupos e as estratexias para a resolución de conflitos, ou os procedementos de primeiros auxilios.

Ademais, a organización que xestiona a actividade debe establecer, implementar, manter e mellorar continuadamente un sistema de xestión da seguridade do turismo activo. Identificar situacións potenciais de emerxencia e os seus efectos, así como establecer e manter plans e procedementos de resposta.

No catálogo de normas técnicas españolas, máis de 300 documentos suman seguridade á práctica de abondosos deportes e actividades de lecer. Existen normas para o alpinismo, o mergullo, o baloncesto, etc. Máis información na sección de Normas na nosa vida da revista AENOR, na que se mostran aplicacións de normas en distintas escenas da vida cotiá.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio