AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

AENOR, no Directorio de empresas comprometidas coa igualdade

2015-07-28

O vindeiro 12 de agosto, o programa Unidade de Xénero de Xixón organiza unha xornada para presentar o Directorio 2015 de empresas de Xixón comprometidas coa igualdade.

Trátase da presentación da V edición do Directorio, resultado dun estudo que se realiza anualmente, no que participan empresas e entidades de distintos sectores e tamaños que desempeñan a súa actividade no municipio de Xixón e que coñecen as vantaxes e beneficios de incorporar o modelo de igualdade á súa xestión.

AENOR forma parte das organizacións recoñecidas no Directorio 2015. A entidade é amplamente recoñecida e valorada por valores como o rigor, a independencia e a alta competencia técnica. Entre outras medidas, AENOR conta co Plan de Igualdade, que ten como principios reitores a igualdade de trato entre homes e mulleres, a non discriminación por razóns de xénero e a prohibición do acoso e a violencia no traballo.

O que se pretende con esta xornada é compartir as boas prácticas das 64 empresas e entidades de Xixón comprometidas coa igualdade e recoñecer así o seu labor, alén de difundir o seu traballo e compromiso. Ao termo do acto entregarase un diploma como recoñecemento ao labor realizado.

Programa adxunto.

Datos de interese:
Mércores 12 de agosto. 12h00
Palacio de Congresos do Recinto Feiral "Luis Adaro" (sala anfiteatro)
Paseo del Doctor Fleming, 481
Xixón

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio