AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Nova UNE para auditores enerxéticos

2015-07-31

Coa publicación da norma UNE-EN 16247-5 Auditorías enerxéticas. Competencia dos auditores enerxéticos finaliza a serie que establece os requisitos mínimos para garantir a calidade e o rigor na elaboración destas auditorías enerxéticas. En España todas as organizacións, agás as pemes, estarán obrigadas a realizar auditorías enerxéticas antes do 5 de decembro de 2015. A nova parte "5" harmoniza a formación, habilidades e experiencia necesarias para que o auditor ou equipo de auditores acheguen a calidade axeitada aos servizos de auditoría enerxética.

Algúns dos aspectos que se consideran na nova norma UNE-EN 16247-5 son o coñecemento axeitado sobre as fontes de enerxía e mercado enerxético, os cálculos de aforros, a determinación de indicadores ou a identificación de oportunidades de mellora e a súa avaliación económica.

A serie de normas complétase con estas partes:

-UNE-EN 16247-1:2012. Auditorías enerxéticas. Parte 1: Requisitos xerais.
-UNE-EN 16247-2:2014. Auditorías enerxéticas. Parte 2: Edificios.
-UNE-EN 16247-3:2014. Auditorías enerxéticas. Parte 3: Procesos
-UNE-EN 16247-4:2014. Auditorías enerxéticas. Parte 4: Transporte.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio