AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Salón de Recuperación e Reciclaxe (SRR)

2016-06-01

O vindeiro 16 de xuño terá lugar en Madrid a xornada "Economía circular. Un marco para a eficiencia nos procesos industriais e a comunicación á sociedade dos logros obtidos", no marco do Salón da Recuperación e Reciclaxe, (SRR), que se organiza do 15 ao 17 de xuño na IFEMA.

José Magro, xerente de Medio Natural da AENOR, explicará os beneficios dos diferentes certificados relacionados coa economía circular.

Entre outros, o certificado AENOR de "Residuo Cero", que recoñece aquelas organizacións que evitan que as distintas fraccións de residuos que xeran teñan como destino acabar en vertedoiro, reempregando, reciclando ou valorando os seus residuos para que se reintegren no sistema como novos recursos ou materias primas. Ou o certificado AENOR de "Fin de Condición de Residuo", o cal acredita que as organizacións realizaron as operacións necesarias para converter os residuos en materia prima válida para outros procesos, eliminando a posibilidade de que estas materias acaben no vertedoiro. Así mesmo, o certificado de Ecodeseño da AENOR demostra que a organización adoptou un sistema de xestión para identificar, controlar e mellorar de maneira continua os aspectos ambientais dos seus produtos e/ou servizos facilitando información aos seus clientes sobre os produtos que incorporaron melloras ambientais a través do deseño.

Máis información no documento adxunto.

Programa do Salón de Recuperación e Reciclaxe adxunto.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio