AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

A Fundació l’Acadèmia recibe o Selo EFQM 400+

2016-06-02

A Fundació l’Acadèmia de Ciencies Mèdiques i de la Salut de Catalunya i de Balears recibiu recentemente o Selo de Excelencia Europea EFQM 400+, outorgado pola AENOR e o Club Excelencia en Xestión (CEG).

O presidente da Fundació l’Acadèmia, Alvar Net, recibiu do presidente da AENOR, Carlos Esteban e do director do Club Excelencia en Xestión (CEG) en Cataluña, Miquel Romero, o selo que acredita os avances desta entidade no seu modelo de xestión (liderado, persoas, estratexia, recursos e procesos).

A Fundació l’Acadèmia, dedicada a promover a formación continuada dos profesionais da saúde, obtivo este selo tras superar, con éxito, un rigoroso proceso de avaliación externa por parte da AENOR e o CEG. O informe de avaliación menciona como puntos fortes, entre outros, a carteira de servizos innovadora e os resultados obtidos pola Fundació l’Acadèmia, o que converte esta entidade, fundada en 1872, nun referente na prestación de servizos do seu ámbito de actuación.

O modelo de Excelencia Europea EFQM distingue aquelas organizacións que seguen unha estratexia de xestión orientada cara á excelencia e lograron acadar os obxectivos marcados.

A AENOR, por concesión do CEG, emitiu máis de 600 selos de excelencia nos seus distintos niveis (200+, 300+, 400+ e 500+), a organizacións de distintos tamaños e sectores.

Máis información na nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio