AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Convenio de colaboración FELIB e AENOR

2016-06-03

A Federación de Entidades Locais das Illes Balears (FELIB) e a AENOR asinaron un convenio para o desenvolvemento e a promoción da cultura da calidade entre as entidades locais das Illes Balears. O acordo foi subscrito entre o presidente da FELIB, Joan Carles Verd e a directora da AENOR nas Illes Balears, Soledad Seisdedos, en representación do director xeral da AENOR, Avelino Brito, no marco dunha recente xornada en que tamén se presentou a norma española UNE 93200 de Cartas de Servizos.

Mediante este acordo as entidades da Federación terán acceso en condicións vantaxosas ás normas técnicas, actividades de formación e ao software para os sistemas de xestión CERTOOL. Así mesmo, ambas as dúas entidades realizarán xornadas de interese común.

Ademais, a auditora xefa da AENOR na delegación de Balears, Diana Ramón, presentou a certificación da Carta de Servizos conforme á norma española UNE 93200, que acredita o compromiso das administracións públicas e empresas por cumprir os parámetros recollidos nas súas cartas de servizos.

Esta norma establece os requisitos mínimos de contido, proceso de elaboración, seguimento e revisión das cartas de servizos, e converteuse nunha das ferramentas máis usadas, tanto polas administracións públicas coma polas empresas, para comunicar aos usuarios os servizos que prestan e os compromisos que asumen nas devanditas cartas de servizos, converténdose nunha iniciativa fundamental para a modernización da xestión das institucións.

Na imaxe, Soledad Seisdedos, directora da AENOR nas Illes Balears, xunto a Joan Carles Verd, presidente da FELIB.

Máis información na nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio