AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

2016-06-05

No día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, no que se pretende sensibilizar a poboación mundial sobre a protección do medio natural e o desenvolvemento sustentable.

Con este motivo a AENOR organiza o vindeiro 7 de xuño en Palma de Mallorca a xornada "Residuo Cero. Novo reto ambiental para as organizacións no marco de Economía Circular da UE".

Un encontro que tratará, entre outros asuntos, sobre as novas tendencias que a Unión Europea empezou a desenvolver relativas á "economía circular": por exemplo, sobre como as organizacións poden manter o uso produtivo dos materiais durante máis tempo, reempregalos e mellorar a súa eficiencia.

A AENOR é unha entidade de referencia a escala mundial nas certificacións de xestión ambiental. Dispón dun amplo catálogo de certificados, validacións e verificacións ambientais que permiten a unha organización acreditar o seu compromiso co medio, minimizando os impactos e favorecendo a mellor xestión dos recursos.

Relacionados coa Economía Circular, a AENOR tamén dispón de diversos certificados; entre outros, o certificado AENOR de "Residuo Cero", o cal recoñece aquelas organizacións que evitan que as distintas fraccións de residuos que xeran teñan como destino acabar en vertedoiros, reempregando, reciclando ou valorando os seus residuos para que se reintegren no sistema como novos recursos ou materias primas.

Programa da xornada adxunto.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio