AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Seminarios na China organizados pola AENOR

2016-06-08

Recentemente tiveron lugar na República Popular China e na República da China (Taiwán) os seminarios impartidos pola AENOR, en colaboración coa China Certification & Acreditation Association, sobre "xestión da I+D+i ". Os seminarios, nos que participaron arredor de 50 profesionais en Taoyuan e uns 25 en Beijing, tiñan por obxectivo informar acerca das actividades de I+D+i que realiza a AENOR.

Os participantes de ambos os dous seminarios procedentes de universidades e organizacións do ámbito público e privado da área da ciencia e da tecnoloxía, coñeceron de primeira man as normas UNE 166002 de Sistema de Xestión da I+D+I, UNE 166001 de proxectos, UNE 166006 de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva ou UNE 166008 de Transferencia de Tecnoloxía.

A certificación de actividades de I+D+i que realiza a AENOR permite sistematizar as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, beneficiarse de importantes deducións fiscais, reducir a incerteza e aumentar a eficiencia na xestión.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio