AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Asemblea xeral CEN / CENELEC

2016-06-09

A asemblea xeral do CEN / CENELEC, que tivo lugar recentemente en Skopje, República de Macedonia, reuniu os organismos nacionais de normalización de 33 países europeos canda os seus homólogos de países veciños cos que hai acordos de harmonización técnica. A asemblea xeral constitúe unha oportunidade para continuar desenvolvendo normas que faciliten o acceso ao mercado único e aos países veciños da Unión Europea.

A delegación española estivo encabezada polo director xeral da AENOR, Avelino Brito.

Así mesmo, a asemblea xeral celebrou o acordo alcanzado coa industria europea, a Comisión Europea e con outros grupos de interese, e que baixo a denominación “Iniciativa conxunta pola normalización” porase en marcha o luns 13 de xuño en Ámsterdam coa presenza da comisaria Bienkowska e o primeiro ministro holandés, en representación do Consello Europeo. Esta iniciativa pola normalización representa un apoio fundamental ao papel que xoga a normalización para abrir mercados á industria europea e achegar confianza ás autoridades públicas e consumidores en xeral.

A AENOR, que forma parte do Consello de Administración do CENELEC, foi reelixido como membro do mesmo consello do CEN, co fin de defender os intereses da industria española no ámbito europeo. O representante español é o director de Normalización da AENOR, Javier García.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio