AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Convenio MAGRAMA e AENOR

2016-06-14

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) e a AENOR asinaron un convenio para o desenvolvemento de normas UNE, as cales poderán servir de orientación ao sector pesqueiro e acuícola español, en materias relacionadas coa comercialización pesqueira, a rastreabilidade ou a seguridade alimentaria.

Mediante este convenio, froito de anos de colaboración e accións conxuntas, preténdese tamén promover a participación dos expertos españois, e defender os intereses do sector pesqueiro español nos foros internacionais e europeos de normalización, nos que se elaboran normas clave para a competitividade das organizacións.

Coa sinatura deste convenio o Ministerio reafirma o seu ineludible compromiso co sector pesqueiro español no desenvolvemento de accións que redunden nunha mellora da calidade dos produtos da pesca, así como da súa comercialización.

Na imaxe, á esquerda, o director xeral de Ordenación Pesqueira do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Carlos Larrañaga, e o director xeral da AENOR, Avelino Brito.

Máis información na nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio