AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Europa, pola normalización

2016-06-14

Recentemente tivo lugar en Ámsterdam un acto de apoio á "Iniciativa conxunta pola normalización (JIS)"; un encontro liderado pola comisaria europea de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes, Elzbieta Bienkowska e o primeiro ministro holandés, Mark Rutte, en representación do Consello Europeo.

Neste acto asinaron o seu compromiso co documento "Iniciativa conxunta pola normalización (JIS)" tanto os organismos de normalización europea, entre os que se encontraba a AENOR, como representantes de pequenas e medianas empresas, asociacións de consumidores, organizacións medioambientais, os Estados Membros e a Comisión.

A iniciativa pola normalización representa un apoio fundamental ao papel que xoga a normalización para abrir mercados á industria europea e achegar confianza ás autoridades públicas e consumidores en xeral. Esta baséase na cadea de valor da normalización e comporta 15 accións divididas en tres áreas:

1) Coñecemento, educación e entendemento do Sistema Europeo de Normalización
2) Coordinación, cooperación, transparencia e integración
3) Competencia e dimensión internacional

A "Iniciativa conxunta pola normalización (JIS)" está aliñada coa recente publicación da Comisión Europea, "European Standards for the 21st Century", en que os organismos CEN e CENELEC mostraron a súa satisfacción ao ver que a Comisión se comprometeu a integrar políticas máis coherentes sobre normalización (máis información nuns días na web da AENOR).

Estas accións teñen como obxectivo mellorar o Sistema Europeo de Normalización conforme os seus valores fundamentais, tales como o consenso e o carácter voluntario das normas. Ademais, a "Iniciativa conxunta pola normalización" aliñará mellor o establecemento das normas grazas ao apoio do programa de investigación e innovación, Horizon 2020.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio