AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Nova certificación CE para cables

2016-07-18

Os cables afectados por este regulamento deberán realizar as avaliacións obrigadas para a súa clasificación antes do 1 de xullo de 2017; cómpre destacar que o sistema fixado para a avaliación da conformidade varía en función da clasificación do produto.

O obxectivo do Regulamento europeo, en que a AENOR vén certificando desde os seus inicios, é definir as condicións para comercializar os produtos de construción establecendo regras harmonizadas sobre como expresar as prestacións destes produtos en relación coas súas características esenciais, e ao mesmo tempo dando as instrucións sobre como fixar a marcación CE neses produtos.

Con esta nova notificación, obtida tras o proceso de acreditación da súa competencia técnica, a AENOR amplía o alcance dos servizos de avaliación da conformidade xa prestados no campo dos cables eléctricos, campo en que presenta unha ampla experiencia tanto na certificación nacional con Marca N como internacional con marca HAR.

O campo en que se autorizou a AENOR é no de "cables para a subministración de electricidade e comunicacións para a súa instalación en edificios ou outras obras de construción", en que se fixan requisitos que permiten clasificar as súas características de reacción ao lume (desde a clase Aca á Fca).

A actuación da AENOR para cables no ámbito deste regulamento prodúcese na aprobación inicial dos cables tras a realización dos correspondentes ensaios e visitas de inspección ao lugar de produción, e no seguimento continuo da súa conformidade, coa repetición periódica destas actividades.

Nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio