AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Concurso de vídeo para o Día da Normalización

2016-07-20

Con motivo do Día da Normalización (14 de outubro) IEC, ISO e ITU organizaron un concurso para aumentar a conciencia da importancia que teñen as normas no noso día a día. Este consiste na elaboración dun vídeo; o gañador obterá un premio de 1.500 francos suízos (aprox. 1.500 €) e os outros tres premios serán remunerados con 500 francos suízos (aprox. 500 €) cada un.

O reto é imaxinar un mundo sen normas e gravar un vídeo transmitindo unha situación en que as normas non teñan cabida. Por exemplo, sen normas o intercambio de bens e servizos entre países sería practicamente imposible; ou aquelas tarefas cotiás como sacar diñeiro dun caixeiro ou facer compras en liña...

Agora, reúne a túa familia, amigos, compañeiros de traballo, e divertídevos gravando o vídeo.

As bases son as seguintes:
- A duración máxima do vídeo será de 15 segundos
- É obrigatorio incluír ao final do vídeo o seguinte clip Web externa, abrirase unha ventá nova
- Os participantes deben subir o vídeo ao YouTube (con perfil público) e compartilo no Twitter, no Instagram ou na páxina do Facebook do concurso, engadindo á súa mensaxe o hashtag #speakstandards.
- O prazo para subir o vídeo termina en 15 de agosto de 2016.

Así que foren seleccionados os 10 favoritos, serán subidos nas canles habituais e será o público quen decida.

Máis información aquí Web externa, abrirase unha ventá nova


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio