AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Foro Mundial de Cidades Intelixentes

2016-07-20

Entre os pasados 13 e 15 de xullo tivo lugar en Singapur o Foro Mundial sobre Cidades Intelixentes (World Smart City Forum), organizado pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC), en colaboración coa Organización Internacional de Normalización (ISO) e a Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU); esta última convidou o Goberno de España a presentar o seu modelo de cidades intelixentes, recoñecendo así que este país está á vangarda mundial neste campo.

A AENOR, a entidade legalmente responsable do desenvolvemento da normalización en España e representante nacional ante os organismos internacionais de normalización, participou cun relatorio en que deu a coñecer a aposta do goberno de España e a SETSI (Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo) en materia de Smart Cities, explicando o innovador modelo de gobernación español, a estratexia de normalización a través do Comité Técnico de Normalización 178 sobre cidades intelixentes e a capacidade de acción da industria española.

Os traballos españois canalízanse a través do CTN 178 sobre cidades intelixentes, promovido pola SETSI, en que 700 expertos de todas as partes interesadas traballan na elaboración de medio centenar de normas técnicas que impulsarán o despregamento das cidades intelixentes en España. Xa se publicaron as 20 primeiras normas.

Ver información completa na web do MINETUR.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio