AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Carlos Esteban

2016-07-20

Carlos Esteban Portal foi reelixido presidente da AENOR, na votación celebrada o día 20 de xullo entre os integrantes da Xunta Directiva, segundo se contempla nos estatutos da entidade. Esteban é o representante pola AFME (Asociación de Fabricantes de Material Eléctrico) neste órgano de goberno da AENOR.

Igualmente, a Xunta Directiva votou cinco das vogalías da Comisión Permanente, resultando elixidos:
- Segundo de Pablo Alonso (Asociación Española de Fabricantes de Cables e Condutores Eléctricos e de Fibra Óptica FACEL)
- Juan Ramón Durán Puebla (Asociación Nacional de Fabricantes de Bens de Equipo SERCOBE)
- Edmundo Fernández Puértolas (Asociación Multisectorial de Empresas da Electrónica, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, das Telecomunicacións e dos Contidos Dixitais AMETIC)
- Alfredo Berges Valdecantos (Asociación Española de Fabricantes de Iluminación ANFALUM)
- Aniceto Zaragoza Ramírez (Agrupación de Fabricantes de Cemento de España OFICEMEN)

Tras a formación da nova comisión permanente da AENOR, foi votado de entre os seus membros o posto de tesoureiro, que recaeu en Edmundo Fernández Puértolas.

Nesta elección non estaban suxeitas a votación catro das vogalías da Comisión Permanente da AENOR, polo que continúan a formar parte dela:
- Vicepresidente: Luis Rodulfo Zabala (Confederación Española de Asociacións de Fabricantes de Produtos de Construción CEPCO).
- Carlos Vera Sánchez (Asociación de Empresas de Servizos de Telecomunicacións AEST).
- Ricardo Cortés Sánchez (Asociación Española de Empresas Construtoras e Concesionarias de Infraestruturas SEOPAN).

Tamén forma parte da Comisión Permanente José Manuel Prieto Barrio (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo).


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio