AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Análises para previr a fraude alimentaria

2016-07-22

Xa está dispoñible o último número da revista gratuíta AENOR.

Previr a fraude alimentaria: a fraude prodúcese cando hai intención de enganar o consumidor, aínda que non se poña en perigo a súa saúde. Coñeza os tipos máis frecuentes de fraude e o traballo do AENOR Laboratorio para detectalos.

Máis seguridade dos menores na Internet: o 60% dos menores de entre 9 e 16 anos conéctase á Internet a diario. A UNE-CEN/TS 16080 permite avaliar e comparar os filtros de contido da Internet, máis coñecidos como solucións de control parental.

A Comisión Europea impulsa que a normalización desempeñe un papel fundamental no mercado único. A Iniciativa conxunta pola normalización foi recentemente apoiada pola industria europea, pequenas e medianas empresas, gobernos dos estados da UE e organismos de normalización europeos.

Cara a un marco europeo dos profesionais TIC: a norma europea EN 16234-1 establece 40 competencias profesionais requiridas no sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Así, facilita a mobilidade e os procesos de selección destes profesionais na UE.

A AENOR presenta por primeira vez o seu informe de progreso coas medidas adoptadas para cumprir cos 10 principios do pacto mundial, ao que está adherido. Dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e anticorrupción son algúns dos ámbitos en que traballou a entidade.

A AENOR emitiu os primeiros certificados de conformidade para equipos de protección contra incendios da Directiva de equipos mariños.

Casos prácticos: Lidl España e centro de innovación e tecnoloxía INESCOP.

Normas na nosa vida: dieta mediterránea

Normalización en acción: bens de equipo industriais e equipos a presión


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio