AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Banco Santander recoñecido pola xestión ambiental

2017-03-21

Banco Santander obtivo o certificado de Xestión Ambiental da AENOR segundo a norma UNE-EN ISO 14001:2015, para a xestión do mantemento de edificios de oficinas e servizos xerais do Complexo Gran Vía Santander.

Esta certificación reforza o compromiso do Grupo Santander co medio natural, sumándose a outros recoñecementos, como o que ten todo o complexo da Cidade Financeira do Santander en Boadilla del Monte desde o ano 2005, conforme a mesma norma.

Este certificado acredita que o Banco Santander cumpre os requisitos que establece a norma internacional ISO 14001 e que implantou un sistema de xestión ambiental que axuda a previr os impactos ambientais, utilizando os medios necesarios para evitalos, reducilos ou controlalos, apostando pola mellora continua.

A ISO 14001 é a ferramenta de xestión ambiental máis estendida no mundo con preto de 320.000 organizacións certificadas conforme esta norma. As súas vantaxes son numerosas, aínda que poden resumirse en tres: transmite compromiso de forma directa e crible; obtéñense beneficios económicos pola optimización do consumo de enerxía, materias primas, auga e pola mellora dos procesos; e reduce riscos legais.

España é o quinto país do mundo e terceiro de Europa por número de certificados ISO 14001, con máis de 13.000 recoñecementos segundo o último informe da ISO.

Banco Santander é un banco comercial con sede en España e cotas de mercado relevantes en 10 mercados clave de Europa e América. Ademais, é un dos maiores bancos do mundo por capitalización bolsista.

Na imaxe, de esquerda a dereita: Jesús Fernandez, director de Inmobles e Servizos Xerais de Santander España; Gonzalo Piédrola, director de Operacións de Certificación da AENOR e Carlos Gonzalez, director de Custos e Inmobles de Santander España.

Máis información na nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio