AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Normas ISO para sistemas aéreos non tripulados

2017-03-17

Reuniuse en Madrid o comité ISO/TC 20/SC 16 sobre sistemas aéreos non tripulados, xeralmente coñecidos como drons, encargado da normalización no referente ao deseño e desenvolvemento, fabricación, entrega, mantemento, clasificación, características e aspectos de seguridade.

Á reunión asistiron delegados de España, Alemaña, Francia, Reino Unido, Estados Unidos, China, República de Corea, Rusia, Xapón, Dinamarca e Italia, co interese de unificar requisitos técnicos de seguridade na fabricación e o uso dos sistemas aéreos non tripulados.

O encontro tivo como base a discusión de catro futuras normas. A ISO 21384-1 Unmanned aircraft systems - Part 1: Generral specification definirá a terminoloxía e as definicións de referencia a todas as normas deste sector. Mentres que na ISO 21895, Categorization and classification of civil unmanned aircraft systems especificaranse as categorías de sistemas aéreos non tripulados e a clasificación dos distintos tipos de sistemas.

Pola súa banda, a norma ISO 21384-2 Unmanned aircraft systems - Part 2: Product systems especificará os requisitos de seguridade do deseño e a fabricación dos sistemas aéreos non tripulados e, se é necesario, dos seus compoñentes.

E na norma ISO 21384-3 Unmanned aircraft systems - Part 3: Operational procedures detallará os requisitos para a seguridade da operación de sistemas aéreos non tripulados.

España participa nos tres grupos de traballo que están elaborando estas normas, e o líder do proxecto ISO 21384-1 Unmanned aircraft systems - - Part 1: General specification é de España. O comité nacional responsable é o CTN 28/SC 2 sistemas aéreos non tripulados, que se constituíu formalmente en xullo de 2016, e cuxa secretaría é desempeñada pola UNE.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio