AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Nova convocatoria de proxectos CLIMA 2017

2017-03-17

O pasado 15 de marzo o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Natural (MAPAMA) abriu unha nova convocatoria dos proxectos Clima, cuxo prazo de presentación de propostas vence o 15 de maio.

Os proxectos Clima son unha iniciativa do MAPAMA a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sostible (FES-CO2). Estes proxectos pretenden contribuír á ralentización do cambio climático mediante a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) naqueles sectores non regulados polo réxime de comercio de dereitos de emisión (EU ETS) en España (os denominados sectores difusos, como por exemplo o residencial, transporte, agrícola, etc).

Así mesmo, as organizacións poden integrar este tipo de actuacións de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro na súa pegada de carbono comunicada anualmente.

Na convocatoria 2017Web externa, abrirase unha ventá nova preténdese dar continuidade e impulso ao desenvolvemento de iniciativas de carácter programático que engloben varios proxectos dentro dun mesmo paraugas ou programa. Deste xeito ábrese o prazo para presentar as propostas de proxectos cuxa entrada en funcionamento non sexa posterior ao 31 de xaneiro de 2018. Noutro caso, as propostas deberán de presentarse a convocatorias posteriores.

A AENOR está acreditada para realizar as verificacións que a devandita convocatoria require Web externa, abrirase unha ventá nova, consolidándose como entidade líder en mecanismos de control de emisións, achegando a súa experiencia e coñecemento na materia.

Esta entidade desenvolveu numerosas certificacións e verificacións nesta materia, e foi o primeiro organismo español e sexto do mundo acreditado pola ONU como entidade operacional designada (DOE) dentro do Protocolo de Kyoto.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio