AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

500 normas promoven a seguridade laboral

2017-04-25

Xa está dispoñible o último número da Revista ENOR

*500 normas promoven a seguridade laboral
O CTN 81 leva tres décadas desenvolvendo documentos para a prevención de riscos laborais. Hoxe a prevención ten o foco nas persoas e transcende do ámbito laboral ao persoal.

20 anos do Regulamento de servizos de prevención
A directora do INSHT, María Dolores Limón, analiza os avances realizados nestas dúas décadas e os retos aos que se enfronta a prevención.

Como aforrar un 10 % en consumo de combustible e emisións – Con vídeo
A condución eficiente é unha pedra angular para axudar o sector do transporte a reducir os seus consumos e emisións. A AENOR emitiu os seus primeiros certificados.

*Libro branco de compliance
Identifica os aspectos esenciais que definen a función de compliance, e perfila as responsabilidades e competencias destes profesionais.

*Normas para conservar o patrimonio cultural
O CTN 41/SC 8 desenvolveu 45 documentos que axudan a reparar, rehabilitar e conservar todos aqueles bens que serven para transmitir a nosa historia.

Casos prácticos - Mutua Madrileña e o Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía de Cuba
Explican as súas experiencias coa UNE-ISO/IEC 27001 e a ISO 9001, respectivamente.

Normalización en acción - Tabaco e produtos de tabaco
O CTN 118 elaborou 40 normas de análise que determinan distintas propiedades.

Normas na nosa vida - Viaxar en avión
Moitas normas UNE acompáñannos cada vez que viaxamos en avión. Están presentes na terminal e nas operacións, así como nos equipos e aparellos utilizados.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio