AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Votación do segundo borrador da ISO 45001

2017-05-18

O 19 de maio iníciase o período de votación para o segundo DIS (Draft International Standard) da ISO 45001 Sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo – Requisitos con orientación para o seu uso, e concluirá en xullo. O seguinte paso está suxeito aos resultados da votación.

Este borrador, desenvolvido no comité internacional ISO/PC 283, inclúe as modificacións derivadas da análise dos comentarios presentados ao primeiro borrador, respectando o texto da estrutura de alto nivel. Entre eles destacan a referencia aos comités de seguridade e saúde, así como aos representantes dos traballadores como mecanismo para a consulta e participación.

Tamén inclúe os cambios no requisito de comunicación; a necesidade de investigar os incidentes e avaliar os riscos antes de tomar accións que poidan ter como resultado xerar novos perigos ou modificar os existentes; e o requisito de avaliar as oportunidades da seguridade e saúde no traballo e do sistema de xestión.

Doutra banda, elimináronse algúns aspectos como a necesidade de definir un proceso para a mellora continua ou a obrigatoriedade de avaliar e controlar as actividades e operacións dos contratistas para os seus traballadores. Ademais, menciónase a utilidade de incluír criterios de seguridade e saúde no traballo para a selección dos contratistas.

A futura norma ISO 45001 ten como obxectivo a prevención dos accidentes e enfermidades laborais. Poderá aplicarse a calquera tipo de organización, e está aliñada á Estrutura de Alto Nivel da ISO.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio