AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Publicada a norma 19601 de compliance penal

2017-05-18

Tras case dous anos de traballo e froito do consenso de destacados expertos dos diferentes grupos de interese do compliance penal, a Asociación Española de Normalización, UNE, publicou hoxe a norma española UNE 19601 Sistemas de xestión de compliance penal. Requisitos con orientación para o seu uso.

Esta norma foi elaborada por un subcomité técnico de normalización da UNE, o CTN 307/SC1 Sistemas de xestión do cumprimento e sistemas de xestión anticorrupción. Nela establécense os requisitos para implantar, manter e mellorar continuamente un sistema de xestión de compliance penal nas organizacións, co obxectivo de previr a comisión de delitos no seu seo e reducir o risco penal, a través do impulso dunha cultura ética e de cumprimento.

A UNE 19601 responde ao novo escenario e ao elevado interese polo compliance penal tras a reforma do Código penal do ano 2010; e á última reforma do Código penal de 2015, a cal indica que as persoas xurídicas que implantasen modelos de prevención de delitos e cumpran unha serie de requisitos, poden chegar a ser eximidas de responsabilidade penal.

Así, esta norma desenvolve requisitos que responden ao indicado polo Código penal para os modelos de xestión e prevención de delitos, pero tamén incorpora as boas prácticas mundialmente aceptadas en materia de compliance.

O sistema que establece a UNE 19601 presenta a estrutura de alto nivel, común a todas as normas internacionais ISO de sistemas de xestión, co que é integrable noutros sistemas de xestión.

Este documento está dirixido a todo tipo de organizacións, independentemente do seu tipo, tamaño, natureza ou actividade e sector ao que pertenza. Ademais, pode ser utilizada noutras xurisdicións distintas á española e por organizacións non españolas.

Máis información na nota de prensa adxunta.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio