AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

A UNE na Asemblea Xeral da COPANT 2017

2017-05-19

Os primeiros días de maio tivo lugar en Vancouver, Canadá, a Asemblea Xeral da Comisión Panamericana de Normas Técnicas (COPANT). A reunión realizouse conxuntamente co Congreso de Normas do Asia-Pacífico, baixo o lema "Colaboración rexional nun medio global".

Un dos temas principais tratados na asemblea foi o desenvolvemento da normalización en apoio do comercio internacional dos servizos. Aproveitando este marco, a ISO organizou o evento sobre normas internacionais e avaliación da conformidade para o sector servizos.

A Asociación Española de Normalización, a UNE, participou no devandito workshop presentando a experiencia de España como líder mundial en materia de estándares sobre calidade turística (desenvolvidos da man do sector nacional a través do ICTE no comité ISO/TC 228), e en materia de certificación de servizos.

Tamén houbo unha reunión do grupo de organismos nacionais de normalización membros da ISO que comparten o idioma español. Nesta reunión aprobouse a tradución común ao español de diversas normas ISO, entre elas a ISO 37001 Sistemas de xestión antisuborno. Requisitos con orientación para o seu uso; a ISO 20400 Compras sostibles. Directrices; e a ISO 17025 Avaliación da conformidade. Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e de calibración, de próxima publicación.

A Comisión Panamericana de Normas Técnicas é unha asociación civil sen fins de lucro, que agrupa os Organismos Nacionais de Normalización (ONN) das Américas. Actualmente teñen 34 membros activos e 9 adherentes, e a UNE é un membro adherente.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio