AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Revista AENOR: Novo Regulamento de equipos de protección contra incendios

2017-07-21

Xa está dispoñible o último número da Revista AENOR.

Novo Regulamento de equipos de protección contra incendios. Con vídeo!: Menciona máis de 140 normas UNE para establecer requisitos de calidade e seguridade nos equipos, sistemas e compoñentes das instalacións. Empresas instaladoras e mantedoras terán que ter sistemas de xestión da calidade certificados.

Destinos turísticos intelixentes, implantación da UNE 178501: O presidente de SEGITTUR explica as medidas adoptadas por Benidorm, Val d’Aran, Sanxenxo e Xaca para ser destinos turísticos intelixentes.

*Relacións colaborativas e goberno corporativo: Coñeza os traballos que se están desenvolvendo na ISO para ofrecer ferramentas eficaces que axuden nestes campos.

Entrevista - Vicente Berbegal, mellor empresario europeo 2017: O empresario alacantino é presidente e fundador de Actiu, referente no sector do moble de oficina. Aquí explica como os sistemas de xestión axudan a acadar obxectivos de negocio.

Casos prácticos - Autoridade Portuaria de Bilbao: O seu proxecto Portu Osasuntsua-Porto Saudable persegue conseguir un espazo laboral que protexa, promova e apoie o benestar físico, mental, social e cultural das persoas que integran o seu cadro de persoal.

*Normalización en acción - Seguridade eléctrica: O CTN 204 elaborou máis de 70 normas sobre as ferramentas, equipos e dispositivos empregados nos traballos en tensión.

ISOfocus - O futuro da agricultura: As normas técnicas internacionais apoian os avances tecnolóxicos que determinarán o futuro da agricultura.

*Normas na nosa vida - Cámpings: Varias normas UNE acompañarán os que escollan os cámpings como destino das súas vacacións.

*Contidos facilitados pola UNE.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio