AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Nova UNE 71362. Calidade dos materiais educativos dixitais

Hoxe en día, a educación vai incorporando pouco a pouco novas formas de aprender conforme os tempos en que vivimos. Cada vez é máis frecuente realizar aprendizaxes a través de contidos educativos dixitais, colgados na rede por educadores, institucións ou outros organismos.

Dentro do comité 71 da UNE, os expertos do subcomité 36 enfocan o seu traballo en equipo a tecnoloxías da información para a aprendizaxe, elaborando normas como a nova UNE 71362:2017 pola calidade dos materiais educativos dixitais (MED), entre outras.

Esta norma ten como obxecto: ayudar a los autores de los contenidos a cómo producir unos materiales educativos digitales de calidad; guiar o usuario á hora de seleccionar os MED que mellor se axustan ás súas necesidades, independentemente do tipo ou nivel educativo; así mesmo permitirá valorar a calidade dos MED e certificar a calidade dos produtos dos provedores correspondentes.

Trátase dunha norma versátil, que se axusta perfectamente aos principais sectores involucrados na creación e uso dos MED. Pretende conseguir a maior calidade posible nuns contidos que representan conceptos e facilitan a aprendizaxe de moitas persoas. Malia os obstáculos que existen no desenvolvemento da transformación dixital educativa, o certo é que esta forma de educar, máis alá da aula, é unha realidade que cobra forza cada día.

Normas relacionadas:

-UNE 66181:2012. Xestión da calidade. Calidade da formación virtual.

-UNE 139803:2012. Requisitos de accesibilidade para contidos na web.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio