AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Cambio no Regulamento EMAS

2017-09-06

Recentemente, publicouse no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o Regulamento (UE) 2017/1505 da Comisión Europea polo que se modifican os anexos I, II e III do Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS).

A entrada en vigor do regulamento producirase o 20 de setembro. As empresas deben adaptar o seu sistema de xestión EMAS antes do 14 de setembro de 2018, coincidindo coa data límite de adaptación dos sistemas de xestión ambiental á ISO 14001:2015.

O Regulamento 1505/2017 consta de 3 artigos e un anexo; que contén pola súa parte os anexos I, II e III do Regulamento 1221/2009 revisados e adaptados segundo os requisitos da ISO 14001:2015. Os cambios máis relevantes que incorpora son:

- Anexo I “Análise ambiental”: engádense novas áreas que hai que abordar, tales como o contexto da organización, identificación das partes interesadas pertinentes e determinación das súas necesidades e expectativas pertinentes, determinación de riscos e oportunidades e documentación correspondente.

- Anexo II “Requisitos do sistema de xestión”: inclúense os requisitos adicionais para organizacións que aplican o EMAS.

- Anexo III “Auditoría ambiental interna”: inclúese a necesidade de informar a dirección sobre o grao de cumprimento de requisitos legais e outros requisitos, e sobre as medidas adoptadas para garantir que o cumprimento poida probarse tras as auditorías.

Desde que se aprobou a norma ISO 14001:2015, a Comisión Europea estivo traballando cos Estados membros para incorporar as novidades desta nova versión nos requisitos do Regulamento EMAS.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio