AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Grupo Hospiten recibe EFQM 500+

2017-09-07

O Grupo Hospiten recibiu o certificado correspondente ao Selo de Excelencia Europea EFQM 500+. Así, o grupo convértese nunha das organizacións que forman parte das 87 entidades españolas que actualmente contan con este selo.

Este recoñecemento súmase aos 24 certificados da AENOR (13 do sistema de xestión da calidade conforme a norma UNE-EN ISO 9001 e 11 do sistema de xestión ambiental segundo a norma UNE-EN ISO 14001) que actualmente ten o Grupo Hospiten para distintos hospitais en varios países.

O selo foi concedido polo Club Excelencia en Xestión, tras superar con éxito unha avaliación externa realizada canda a AENOR.

O EFQM 500+ é o máximo nivel de recoñecemento que outorga o Club Excelencia en Xestión. Distingue aquelas organizacións que seguen unha estratexia orientada cara á excelencia e lograron acadar os seus obxectivos.

Entre outros puntos, a avaliación destaca que Hospiten lidera no ámbito internacional unha expansión do Grupo, en que “conseguiu transmitir a súa cultura corporativa a cada un dos seus centros; ademais, a expansión da rede de hospitais realízase con criterios de edificación sostible e optimización do consumo”.

O Grupo Hospiten é unha rede sanitaria internacional que conta con dezanove centros médico-hospitalarios privados en España, República Dominicana, México e Xamaica, e máis de cen centros médicos ambulatorios, propios e asociados baixo a marca propia Clinic Assist. Anualmente atende máis dun millón de pacientes de todo o mundo, e conta cun cadro de persoal que supera as 4.000 persoas.

Na foto (de esq. a dereita): Luis Muñoz, xerente de Prestacións de Hospiten; Pedro Luis Cobiella, director xeral de Hospiten; Rafael García Meiro, director xeral da AENOR; Juan José Hernández, conselleiro delegado de Hospiten; Ignacio Babé, secretario xeral do Club Excelencia en Xestión; e Rafael Navarro, director de Operacións de Hospiten.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio