AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

ISO 9001:2015, máis oportunidades para as pemes

2017-10-23

Xa está dispoñible o último número da Revista AENOR.

ISO 9001, impulso para as pemes: coñeza que requisitos da versión de 2015 da ISO 9001 son enfoques que axudan as pemes a medrar, mellorar e aumentar a súa competitividade.

*ISO/TC 228 de turismo, unha historia de éxito: o comité, que coordina a UNE co organismo de normalización de Tunisia, acaba de recibir o "Óscar" da normalización pola súa excelencia técnica.

Nova certificación de sistemas de dilixencia debida: axuda a asegurar a orixe legal da madeira que se pon no mercado. Responde aos requisitos do Regulamento europeo 995/2010.

*As normas fan cidades máis intelixentes: el lema escogido este año para celebrar el Día Mundial de la Normalización destaca el papel de las normas técnicas en el despliegue de las ciudades inteligentes, campo en el que España es líder mundial.

ISO FOCUS - Por que o futuro pertence ás normas: análise sobre o potencial das normas para o crecemento económico; Entrevista con Simon Baptist, economista xefe de The Economist, e estudo do impacto das normas de sistemas de xestión nas últimas décadas.

*Normalización en acción - Áridos: das 80 normas desenvolvidas polo CTN 146 destacan as normas harmonizadas, que son a base da Declaración de Prestacións e a Marcaxe CE necesaria para a libre circulación de áridos naturais, artificiais e reciclados na UE.

*Normas na nosa vida - Froitaría: o outono é unha época rica en froitas que achegan enerxía e vitaminas para reforzar o sistema inmunolóxico. No catálogo de normas UNE pódense atopar varios documentos que fan referencia a estes froitos.

*Contidos facilitados pola UNE.


Solicitude de recepción da Revista AENOR en formato dixital



Os campos marcados con * son obrigatorios

Podes subscribirte tamén á edición impresa por 45 euros.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio