AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Unha técnica española recibe o ISO Excellence Award

2017-11-07

A norma ISO 16128 ten como obxectivo harmonizar definicións e criterios para dar claridade ao mercado en todo o relacionado coa cosmética natural e orgánica. O seu ámbito de actuación céntrase nos aspectos técnicos relacionados coa caracterización dos ingredientes naturais e orgánicos e os seus procesos de fabricación, de xeito que permita calcular en porcentaxe o contido natural ou orgánico do produto cosmético.

A norma está formada por dúas partes:
• ISO 16128-1:2016 Directrices para as definicións técnicas e para os criterios aplicables aos ingredientes e produtos cosméticos naturais e orgánicos - Parte 1: Definicións de ingredientes
• ISO 16128-2:2017 Directrices para as definicións técnicas e para os criterios aplicables aos ingredientes e produtos cosméticos naturais e orgánicos - Parte 2: Criterios para ingredientes e produtos

A parte 1 recolle definicións para as diferentes categorías de ingredientes naturais, orgánicos e os seus derivados que se empregan na fabricación de cosméticos. A parte 2 describe os enfoques para calcular os índices correspondentes a estas diferentes categorías, ofrecendo un marco de referencia para a determinación do contido natural ou orgánico do produto.

Polo seu traballo no desenvolvemento desta norma, Carmen Esteban foi premiada co "ISO Excellence Award" que se creou en 2003 para recoñecer a excelencia nos logros acadados por expertos técnicos da ISO. O premio está aberto a calquera persoa nomeada en calidade de experto, Project Leader (líder de proxecto) ou coordinador dun grupo de traballo dun comité.

Stanpa é a Asociación Nacional de Perfumaría e Cosmética. Fundada en 1952, integra na actualidade máis de 400 entidades que fabrican e distribúen perfumes, cosméticos e produtos de coidado persoal no noso país.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio