AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Xornada estandarización industria conectada 4.0

2017-11-10

O Ministerio de Economía, Industria e Competitividade conta coa Iniciativa Industria Conectada 4.0 en que se están desenvolvendo distintas liñas de actividade destinadas a fomentar o coñecemento e a adopción deste novo paradigma de fabricación por parte do tecido industrial español, de xeito que a industria española estea preparada para competir no futuro próximo.

Entre estas liñas de actividade, a área estratéxica 4.2 "Marco regulador e estandarización", recoñece o papel fundamental que van ter as normas para o desenvolvemento con garantías de toda a tecnoloxía necesaria. Para cubrir as necesidades da industria española no relativo a estandarización, creouse o Grupo de Traballo de Estandarización dentro da Iniciativa Industria Conectada 4.0.

Para dar a coñecer o estado da arte da estandarización neste medio, a Subdirección Xeral de Dixitalización da Industria e Medios Colaboradores do Mineco organiza, coa colaboración da UNE, esta xornada en que Begoña Cristeto Blasco, secretaria xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, será a encargada da apertura da sesión.

Pola súa banda, o director de Normalización da AENOR, Javier García, explicará a actividade da UNE no marco da industria 4.0.

Por favor, confirmen a asistencia sgdig@mineco.es

A capacidade do local é limitada.

Programa adxunto.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio