AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Bankia adapta o seu certificado en xestión ambiental

2017-12-05

Bankia renovou e adaptou o certificado do sistema de xestión ambiental da AENOR á nova versión da norma internacional ISO 14001, publicada en 2015.

A actualización da norma ISO 14001 incorpora novos requisitos que supoñen melloras para as organizacións, como o desenvolvemento dunha maior aliñación dos sistemas de xestión coa estratexia xeral de Bankia, coñecendo e analizando o contexto en que desenvolven as súas actividades. Igualmente, a nova ISO 14001 incorpora o enfoque baseado no risco, que permite que a alta dirección poida coñecer e tratar eficazmente os seus riscos e oportunidades.

Así mesmo, a incorporación do enfoque ao ciclo de vida fai que Bankia atope novas liñas nas que implantar accións que os leven á mellora continua, non só de aspectos ambientais que poden controlar directamente senón aqueles nos que poden influír.

Ademais, a estrutura de alto nivel, común ás normas de sistemas de xestión da ISO, facilita a integración dos distintos sistemas de xestión; por exemplo, co descrito na norma ISO 9001, de xestión da calidade.

Este certificado acredita que se implantou un sistema de xestión ambiental que axuda a previr os impactos ambientais, utilizando os medios necesarios para evitalos, reducilos ou controlalos, pero sempre en equilibrio coa racionalidade socioeconómica.

Na imaxe, de esquerda a dereita, Laura Monterroso, técnica da Dirección de Xestión Loxística e Enerxética de Bankia; Manuel Romero, director de Desenvolvemento de Negocio da AENOR; Ángel Prado, director de Servizos Xerais de Bankia; e Francisco Javier Sánchez, director de Xestión Loxística e Enerxética da entidade financeira.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio