AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Xa á venda a UNE-EN ISO/IEC 17025:2017

A norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017, que substitúe á de 2005, é a máis relevante no que fai á competencia dos laboratorios de ensaio e calibración. A aplicación desta norma de referencia internacional reforza a confianza na competencia dos laboratorios e na validez dos resultados que ofrecen.

Este documento é aplicable a todas as empresas que realizan actividades de laboratorio, independentemente da cantidade de persoal, e facilita a cooperación entre laboratorios e outros organismos, ademais da harmonización de procedementos.

A UNE-EN ISO/IEC 17025:2017, Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, especifica os requisitos xerais para a competencia, imparcialidade e funcionamento dos laboratorios.

Planificar e implantar accións para abordar riscos e oportunidades, aumentar a eficacia do sistema de xestión, lograr mellores resultados e previr os efectos negativos son claves que esta norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 axuda a desenvolver.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio