AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Certificación de cumprimento normativo, seguridade xurídica para empresas

2017-12-15

Xa está dispoñible o último número da revista gratuíta AENOR.

Entrevista - Rafael García Meiro, director xeral da AENOR Con vídeo!: A AENOR está desenvolvendo unha evolución cara a unha organización que pon ao cliente no centro. O seu director xeral explica as claves deste proceso de transformación, así como apunta cara a onde dirixirá a AENOR o seu crecemento e como prevé o futuro da certificación.

Certificación de cumprimento normativo, seguridade xurídica para empresas: Os certificados segundo a UNE 19601, de cumprimento normativo, e a ISO 37001, de prevención do suborno, contribúen ao establecemento dunha sólida cultura de cumprimento e, con iso, de prevención e detección de condutas contrarias á lei.

Interfaces normalizadas para impulsar a industria 4.0: O Grupo de Traballo de Estandarización, creado polo MINECO no marco da Iniciativa Industria Conectada 4.0, axudará a industria española a afrontar os retos da cuarta revolución industrial.

Casos prácticos - Museo Nacional Thyssen-Bornemisza: Primeiro museo de Madrid que conta co certificado de accesibilidade universal, garantindo así a igualdade de oportunidades no acceso e gozo dos servizos a todas as persoas.

ISO Focus - Por que as cadeas de subministración gobernarán o mundo: Análise do futuro próximo do sector do transporte de mercadorías en todas as súas variantes e como as normas técnicas impulsan este sector.

Normalización en acción - Servizos postais O CTN 156 segue os traballos do seu homólogo europeo que está traballando en novas normas sobre calidade dos servizos, interoperatividade e servizos postais dixitais, etc.

Normas na nosa vida - Xoguetaría: Os xoguetes son protagonistas do Nadal para os máis pequenos. Existen numerosas normas técnicas que velan por un xogo seguro.


Solicitude de recepción da Revista AENOR en formato dixital



Os campos marcados con * son obrigatorios

Podes subscribirte tamén á edición impresa por 45 euros.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio