AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Guía para a aplicación da UNE-ISO 37001:2017

Ningunha empresa é inmune aos riscos de corrupción, polo que esta Guía sobre a aplicación da UNE-ISO 37001:2017 pretende axudar a detectar estes riscos con eficacia, facendo unha avaliación formal destes e aplicando o enfoque máis axeitado para reducilos.

Definir as responsabilidades e os procesos operativos, ademais de supervisalos, é clave para manter as organizacións dentro do marco legal.

A guía describe as fases que hai que seguir nun programa anticorrupción co obxecto de lograr a máxima efectividade, e impulsa unha política clara, visible e accesible contra a corrupción.

En definitiva, unha guía para ser levada á práctica, con linguaxe sinxela e pasos moi específicos á hora de mitigar os riscos aos que toda empresa se ve exposta na súa vida diaria.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio