AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

As normas ISO 9001 e 14001, agora en éuscaro

2018-01-09

A tradución das normas UNE ao éuscaro súmase á tradución a outras linguas, como o galego e o catalán. Estas normas técnicas son documentos que reflicten o consenso do mercado sobre as boas prácticas á hora de abordar cuestións clave para a competitividade das organizacións, eliminando a incerteza empresarial.

Máis dun millón de organizacións no mundo aplican con éxito a norma ISO 9001 de xestión da calidade, mentres que preto de 350.000 usan a ISO 14001 para a súa correcta xestión ambiental.

O Goberno Vasco, a través do Departamento de Cultura e Política Lingüística, ocuparase de realizar a tradución ao éuscaro das normas UNE do programa obxecto deste convenio, e das actualizacións necesarias. Ademais, subscribirase anualmente unha relación das normas que se pretenden incorporar ao programa anual.

Posteriormente, o Goberno Vasco deberá entregar aos responsables da UNE a tradución en éuscaro das normas, garantindo a identidade da devandita versión coa versión orixinal da correspondente norma UNE.

Finalmente, a UNE encargarase, entre outras cuestións, de editar e difundir as versións en éuscaro, avaladas polo Departamento de Cultura e Política Lingüística, das normas que se deriven do programa de traballo obxecto deste convenio. Esta entidade autoriza a incorporar en EUSKALTERM, Banco Terminolóxico Público Vasco, os termos incluídos nas normas UNE obxecto deste acordo e facer difusión pública sempre que se explicite a súa procedencia.

Este acordo foi subscrito polo conselleiro de Cultura e Política Lingüística, Bingen Zupiria (esquerda na fotografía) e por Javier García Díaz, director xeral da UNE.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio