AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

COFAS recoñecida pola AENOR

2018-01-11

A Cooperativa Farmacéutica Asturiana (COFAS) obtivo recentemente por parte da AENOR a certificación do sistema de xestión da responsabilidade social , segundo o estándar IQNet SR10. A obtención deste recoñecemento foi posible grazas ao desenvolvemento previo en COFAS de iniciativas cara a todas as partes: socios, clientes, traballadores, medio social, administración e laboratorios.

IQNet SR10 é o primeiro estándar internacional de sistema de xestión da responsabilidade social e foi desenvolvido por IQNet, a maior rede de certificación do mundo, cuxo membro español é AENOR. O certificado de responsabilidade social da AENOR está baseado no estándar internacional IQNet SR10 e acredita que a Cooperativa implantou un sistema de xestión que aposta pola responsabilidade social, o bo goberno e a mellora continua.

O director da delegación da AENOR en Asturias, Juan Lucas García (esquerda na fotografía), fixo entrega do certificado ao director xeral de COFAS, Alfonso Roquero (no centro da fotografía), e ao director de Calidade da Cooperativa, Juan Enterría (dereita), nun acto celebrado nas instalacións da Cooperativa en Pruvia.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio