AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Método horizontal para a detección e o reconto de Listeria

Esta nova norma UNE-EN ISO 11290:2018 describe un método horizontal para a detección e o reconto de Listeria monocytogenes e Listeria spp. na súa primeira e segunda parte: UNE-EN ISO 11290-1:2018 e UNE-EN ISO 11290-2:2018

Unha bacteria moi resistente ao frío que se pode atopar en queixos frescos, carnes procesadas, embutidos, leite, peixes afumados e verduras crúas, entre outros alimentos destinados tanto ao consumo humano como animal.

Aínda que é posible que algunhas especies de Listeria que se describiron posteriormente non se poidan detectar ou confirmar mediante este método, o certo é que esta norma pode ser de grande utilidade na maioría dos casos, axudando a localizar esta bacteria de efectos nocivos para persoas e animais.

Para máis información sobre outras normas relacionadas con microbioloxía alimentaria:

- UNE-EN ISO 11731:2017. Calidade da auga. Reconto de lexionela.
- UNE-EN ISO 6579-1:2017. Salmonela.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio