AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

As normas UNE ao alcance dos bombeiros

2018-02-05

Mediante este acordo, os servizos de bombeiros terán acceso a unha colección de máis de 5.000 normas UNE que se aplican a este colectivo, con solucións eficaces a cuestións clave no seu día a día, como os equipos de protección individual (EPI), vehículos contra incendios, o RIPCI, xestión de urxencias, alarmas, seguridade de máquinas, rescate en altura ou atmosferas explosivas, entre outras.

Para realizar esta colección, a AENOR analizou as máis de 32.000 normas que actualmente compoñen o catálogo español, seleccionando aquelas que teñen relación directa cos bombeiros e as urxencias.

Estes documentos poderán consultarse por vía dixital, a través da plataforma en liña AENORmás, tanto para lectura coma para descarga.

Este acordo foi subscrito polo director de Servizos de Información Sectorial da AENOR, Pablo Corrons (esquerda na fotografía) e o presidente da APTB, Carlos Novillo.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio