AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Xornada "Intelixencia turística"

2018-04-09

A AENOR, Intelixencia Turística e a UCAM, coa colaboración do Instituto de Turismo da Rexión de Murcia, organizan a II xornada de "Casos de éxito, intelixencia turística" o vindeiro 19 de abril en Murcia, cuxo obxectivo é dar a coñecer que é a intelixencia turística normalizada e a súa aplicación no sector turístico.

Durante a xornada abordaranse temas como o Open Data, o caso de LORCA, destinos turísticos intelixentes e os seus indicadores; así mesmo, explicaranse as ferramentas para a intelixencia turística: plataformas tecnolóxicas, vixilancia e intelixencia ou Big Data.

Existen varias normas UNE para lograr unha cidade intelixente cuxos obxectivos xiran arredor de conseguir o mellor de cada cidade en simbiose co ambiente, fomentando un desenvolvemento sostible: redes de servizos públicos, telecomunicacións, xestión de activos municipais, datos abertos, plataformas de cidade con interfaces abertas e normalizadas, accesibilidade universal...

Por exemplo, a norma UNE 178501 do sistema de xestión dos destinos turísticos intelixentes, que aborda a innovación, uso de tecnoloxías, accesibilidade universal e sostibilidade no destino. Ou a norma UNE 166006 sobre vixilancia tecnolóxica, que permite realizar de maneira sistemática a observación e busca de sinais de cambio e novidades enfocadas á captura de información, a selección e a análise, a difusión e comunicación para convertela en coñecemento que permita a toma de decisións, e o seguimento da explotación dos seus resultados.

Máis información aquí.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio