AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Modelo español de normalización de cidades intelixentes

2018-04-11

A Asociación Española de Normalización, UNE, presentou en París o modelo español de normalización de cidades intelixentes, no marco da reunión sobre smart cities dos tres organismos europeos de normalización: CEN, CENELEC e ETSI.

A normalización segue sendo un piar fundamental do novo Plan Nacional de Territorios Intelixentes (2017-2020), que dá continuidade ao Plan Nacional de Cidades Intelixentes (2015-2017), ampliando o concepto de cidade a todos os territorios. España conta cun destacado corpo de normas técnicas.

Xa se publicaron 23 normas sobre cidades intelixentes e está previsto o desenvolvemento doutra decena. Estes estándares elabóranse no Comité Técnico de Normalización (CTN) 178, creado no seo da UNE co impulso da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital (SESIAD).

España é unha referencia mundial no desenvolvemento de normas técnicas. De feito, a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) aprobou dúas recomendacións sobre plataformas de cidade intelixente e os seus requisitos de interoperatividade, baseadas na norma UNE 178104.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio