AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Obteña o certificado de delegado de protección de datos

A AENOR obtén a autorización provisional para a certificación de delegado de protección de datos (DPD), segundo o que se establece no esquema de certificación da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), e en colaboración coa Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

A AENOR dará comezo así á súa actividade de certificación de delegados de protección de datos, a través da súa 1ª convocatoria de exame, o vindeiro 28 de maio de 2018.

Lembre que o Regulamento xeral de protección de datos, en vigor desde abril de 2016, será de aplicación obrigatoria a partir do próximo 25 de maio.

Coa publicación do esquema de certificación da Axencia Española de Protección de Datos, esta aposta firmemente pola certificación dos DPD como garantía para o cumprimento das obrigas para as empresas que establece o novo regulamento.

Para poder certificarse, estes profesionais deberán cumprir os requisitos establecidos no esquema en relación coa súa experiencia e a formación recibida, e deben acceder ao exame realizado por unha entidade acreditada.

Amplíe información sobre os procesos de:

- Certificación

- Formación


- Homologación accións formativas


- Información xeral




 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio