AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Nova norma internacional para Contact Center

2018-04-13

Presentouse a nova norma internacional ISO 18295 durante unha xornada organizada pola Asociación Española de Normalización, UNE e a Asociación Española de Expertos na Relación (AEERC). Este documento normativo foi adoptado ao catálogo de normas españolas, como norma UNE-EN ISO 18295:2018.

O estándar especifica os requisitos de calidade para a prestación de servizos dos centros de contacto co cliente (CCC), tanto internos coma subcontratados, proporcionando directrices na súa interacción co cliente. Entre outras vantaxes, esta norma supón un paso máis cara á xestión excelente dos servizos dun CCC e permite a axeitada xestión do desempeño, incrementando a eficiencia do servizo.

A norma substitúe a UNE-EN 15838:2010. Entre outras melloras, a ISO ten unha maior proxección internacional, e está sendo xa implantada en varios países no mundo polo que terá unha aceptación moito maior no mercado. Ademais, a norma ISO estrutura de forma máis clara a relación entre as tres partes (organización cliente, CCC e cliente final).

Así mesmo, mellora a experiencia e satisfacción do cliente.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio