AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

Intelixencia artificial, transformando as cidades intelixentes

2018-06-08

O vindeiro 18 de setembro terá lugar en Bruxelas un taller sobre intelixencia artificial nas cidades intelixentes organizado conxuntamente polo CEN e o CENELEC.

A intelixencia artificial vai desempeñar un papel esencial na transformación das futuras cidades intelixentes. Trátase dunha tecnoloxía clave que terá impacto en todos os dispositivos e aplicacións dixitais, así como nos procesos e sistemas. Nas cidades intelixentes, a intelixencia artificial traducirase nunha evolución das tecnoloxías, servizos públicos máis eficientes para os cidadáns e un mellor uso dos recursos.

O CEN e o CENELEC, canda os seus colaboradores da industria, convídano/a a unha xornada -formato taller– dun día en que se vai detallar como a normalización vai apoiar o uso da intelixencia artificial nas cidades intelixentes.

Por favor, confirme su interés en la asistencia al taller mediante este pre-registro online. O rexistro oficial así como o programa definitivo estarán dispoñibles nuns días; asistencia gratuíta.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016