AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Actualidade

1º Foro Alianza polo Desenvolvemento de Talento Dixital

2018-06-11

A AMETIC, a patronal do sector tecnolóxico e dixital español, organiza o I Foro Alianza polo Desenvolvemento de Talento Dixital en España "Liderando o cambio: a revolución do talento", que terá lugar en Madrid o vindeiro 20 de xuño. O obxectivo é dar a coñecer as novas habilidades que solicitan as organizacións do sector TIC e ofrecer solucións prácticas para cubrir estas necesidades.

Rafael García Meiro, CEO da AENOR, participará nunha das mesas redondas que contará coa presenza de diferentes líderes empresariais das principais compañías da economía dixital e altos cargos dos ministerios competentes.

Consultar a axenda completa aquí.

Así mesmo, durante a xornada terá lugar a entrega da primeira edición dos "Digital Skills Awards Spain 2018", no marco da "Digital Skills and Jobs Coalition" da Comisión Europea, que pretenden recoñecer e premiar os proxectos que impulsan as habilidades e transformación dixital.

Os galardóns van dirixidos a centros educativos, universitarios, medios de comunicación, compañías e institucións públicas e privadas, que realicen proxectos formativos relacionados co desenvolvemento do talento dixital e a formación en competencias tecnolóxicas.

A asistencia é gratuíta. Imprescindible inscrición.

O evento terá lugar no Hotel NH Eurobuilding (c/ Padre Damián, 23. Madrid) ás 9.00 h.

Anéxase invitación.

Documentos


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016