AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Perfil > Membros

Membros

Polo seu carácter asociativo, calquera entidade e persoa física ou xurídica, pública ou privada, que teña interese no desenvolvemento da normalización pode ser membro da Asociación Española de Normalización, UNE.

Actualmente, a base asociativa da UNE está composta por máis de 600 membros que representan a práctica totalidade do tecido produtivo do noso país. Entre eles figuran as principais asociacións empresariais, primeiras empresas de España e unha boa representación de administracións públicas de todos os niveis.

Ademais de participar activamente nas actividades da asociación, ser membro desta entidade permite:

En función da súa tipoloxía, hai catro categorías de membros:

Para máis información sobre inscricións, pode contactar con:

Secretaría Xeral

Teléfono: 91 432 60 26

Correo electrónico miembros@une.org


Órganos de Goberno

A Asemblea Xeral é o órgano supremo no que participan todos os membros. Esta elixe a Xunta Directiva, á que lle compete a representación e a dirección da Asociación.

A Xunta Directiva está composta por un máximo de 70 vogais que representan as distintas clases de membros e as partes interesadas e que, pola súa parte, elixen a Comisión Permanente.

A Comisión Permanente está composta por 10 vogais, é responsable de supervisar e controlar o cumprimento das directrices establecidas pola Xunta Directiva.

Todos os órganos de goberno son convocados e presididos polo Presidente .

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio