AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Perfil > Misión e valores

Visión e valores

AENORA visión da Asociación Española de Normalización, UNE, e das sociedades do seu grupo, expresa a súa traxectoria e como se proxecta cara ao futuro, medrando na súa capacidade de ofrecer servizos á altura do que necesitan as organizacións con vocación de ser competitivas:

"Ser líderes nas nosas actividades nun medio global e percibido como referente en xeración de coñecemento, confianza e credibilidade. Conseguir, mediante alianzas estratéxicas cos nosos grupos de interese, que a calidade e a seguridade sexan o marco para un maior desenvolvemento da sociedade e unhas prácticas ambientais sostibles."

Os valores da Asociación Española de Normalización, UNE, e das sociedades do seu grupo, determinan a forma de abordar todas as nosas actividades e a relación que mantemos cos grupos de interese:

  • Persoas. Cremos no desenvolvemento persoal e profesional, a igualdade e a conciliación como motores de progreso.
  • Excelencia. Buscamos permanentemente a calidade e a excelencia.
  • Visión de futuro. Flexibilidade para adaptarnos e innovación permanente.
  • Orientación cara a resultados. Comprometidos coa consecución de obxectivos estratéxicos.
  • Compromiso. Cos nosos clientes, coa sociedade e coa organización.

Estand da AENOR na Feira Internacional de Turismo, FITURRigor e independencia son os valores cos que a entidade vén traballando desde 1986 e que permitiron que o seu traballo goce dun ben fundamental na economía actual: a confianza de todos os públicos. O compromiso firme e continuado con esta forma de traballar fai que os certificados da AENOR sexan os máis valorados por todo tipo de colectivos.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio