AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Perfil > Perfil

Perfil

A orixe da Asociación Española de Normalización, UNE; e da AENOR, encóntrase na Asociación Española de Normalización e Certificación, creada en 1986. En 2017 procedeuse a un desdobramento das súas actividades polo que a UNE, asociación sen fins lucrativos, desenvolve a actividade de normalización e cooperación. Pola súa banda, a AENOR, entidade mercantil, traballa nos ámbitos da avaliación da conformidade e actividades asociadas, como a formación ou a venda de publicacións.

A actividade das dúas organizacións contribúe a mellorar a calidade e competitividade das empresas, os seus produtos e servizos, deste xeito axuda as organizacións a xerar un dos valores máis apreciados na economía actual: a confianza.

UNEA Asociación Española de Normalización, UNE, é o organismo legalmente responsable do desenvolvemento e difusión das normas técnicas en España. As normas indican como debe ser un produto ou como debe funcionar un servizo para que sexa seguro e responda ao que o consumidor espera del. A UNE pon a disposición de todos un dos catálogos máis completos, con máis de 31.500 documentos normativos que conteñen solucións eficaces.

A UNE achega a súa experiencia e coñecemento en materia de normas e de produtos e servizos relacionados a organizacións de todo o mundo, desenvolvendo unha grande actividade de cooperación internacional.

AENOREn avaliación da conformidade, o traballo serio e rigoroso que caracteriza o traballo da entidade desde a súa creación posibilitou que os certificados da AENOR sexan os máis valorados, non só en España senón tamén no ámbito internacional, emitindo certificados en máis de 60 países. AENOR sitúase entre as 10 certificadoras máis importantes do mundo.


Para extender a cultura da calidade, AENOR desenvolve tamén unha potente actividade editorial, deseña software para a xestión de sistemas, imparte formación especializada e ofrece distintos servizos de información. No campo dos ensaios, a Asociación Española de Normalización, UNE, é o socio principal do CEIS (Centro de Ensaios, Innovación e Servizos), centro de referencia internacional cuxa actividade inclúe a realización de ensaios de conformidade, estudos técnicos, mantemento preventivo e preditivo de instalacións. Así mesmo, en 2008, a entidade creou AENOR Laboratorio, dirixido a todos os integrantes do sector da alimentación, como produtores primarios, industria da transformación, distribución e servizos. Abarca as tres principais áreas de análise: fisicoquímico, microbiolóxico e sensorial.

AENOR ten en España presenza en todas as comunidades autónomas, a través de 20 sedes, así como presenza permanente en 12 países principalmente de Iberoamérica e Europa.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio