AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Perfil > A AENOR e a sociedade

A UNE e a sociedade

A Asociación Española de Normalización, UNE, e as sociedades do seu grupo teñen como obxectivo final das súas actividades contribuír ao benestar da sociedade no seu conxunto. Grazas ao destacado desenvolvemento experimentado tanto pola normalización coma pola certificación, numerosos colectivos encontran nestas actividades respostas eficaces a necesidades reais que teñen expostas.

Cada vez son máis as normas que atenden a cuestións que apelan a preocupacións directas de grandes colectivos da sociedade. Residencias de maiores, seguridade en parques infantís, aloxamentos rurais ou clínicas dentais son algúns exemplos.

Por outra banda, a UNE apoia o desenvolvemento de máis de 40 países a través de proxectos de cooperación. Estes diríxense a reforzar as súas estruturas de normalización e polo tanto a fortaleza das súas economías.

Con respecto á certificación fai as empresas máis competitivas porque contribúe a:

De forma permanente, AENOR innova para lles ofrecer ás organizacións certificados que lles axuden a responder con éxito aos seus novos retos como sostibilidade, I+D+i, seguridade, tecnoloxías da información etc. Así se contribúe de forma relevante a mellorar a súa competitividade, o que inflúe positivamente na situación da economía e, polo tanto, no benestar de todos.

Esta vontade de servizo levou a entidade a despregar unha rede de oficinas con presenza física nas 17 comunidades autónomas.

AENOR é moi activa en recoñecementos dirixidos a impulsar e respaldar a responsabilidade social empresarial. Así, é un dos principais validadores do mundo de memorias de sostibilidade segundo os criterios da Global Reporting initiative (GRI), e o primeiro certificador do Modelo efr (Empresa Familiarmente Responsable), promovido pola Fundación +Familia.

Persoal da AENOREstes éxitos son responsabilidade, en boa parte, dos profesionais da UNE e das sociedades do seu grupo. Dentro da súa política corporativa e de recursos humanos, a entidade ten como principio estratéxico a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres.

Documentación para descarga

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio