AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio >

Política de privacidade da AENOR

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS DO GRUPO AENOR

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e da normativa vixente en materia de protección de datos, pomos no seu coñecemento que o responsable do tratamento dos seus datos é AENOR INTERNACIONAL, SAU (CIF: A83076687), con domicilio na c/ Génova, 6, Madrid 28004, e con datos de contacto do DPO: datos@aenor.com, de agora en diante a AENOR.

1. FINALIDADES:

A AENOR infórmao/a de que tratamos os datos de carácter persoal que se nos facilitan para xestionar relacións contractuais, e ofrecer ás persoas interesadas e aos clientes da AENOR información sobre actividades, produtos e servizos relacionados coa AENOR, en concreto, información sobre:

  • Libros, publicacións, normas, subscricións e xornadas informativas sobre as devanditas materias.
  • Accións formativas e xornadas divulgativas sobre formación.
  • Servizos de avaliación da conformidade ou auditoría, así como xornadas de información, presentación ou divulgación de novos produtos.
  • Certificación de persoas e xornadas divulgativas.
  • Licenzas de software, así como sesións informativas sobre novidades de software.
  • Igualmente, a AENOR poderá enviarlle mensualmente a súa revista dixital.

As comunicacións sobre actividades, produtos e servizos poderán ser realizadas por calquera medio, incluídos os medios electrónicos. O/A interesado/a deberá autorizar o envío de comunicacións comerciais de forma explícita, mediante a marcación dos correspondentes recadros, en calquera dos formularios de solicitude de datos, por exemplo aqueles incluídos na nosa páxina web.

2. DATOS QUE SE TRATAN

Os datos que vai tratar a AENOR no marco da relación co interesado/a e condicionado ás finalidades consentidas, inclúense nas seguintes categorías:

  • Datos identificativos e de contacto, por exemplo a título enunciativo e non limitativo: nome, apelidos, teléfono ou enderezo electrónico.
  • Datos de información comercial en función das indicacións recibidas.

3. CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres sexan necesarios para dar resposta á relación contractual, para dar resposta ás peticións ou solicitudes realizadas, e en calquera caso mentres non se solicite a supresión por parte do/a interesado/a, así como o tempo necesario para dar cumprimento ás obrigas legais que en cada caso correspondan consonte cada tipoloxía de datos.

4. DESTINATARIOS AOS QUE SE COMUNICARÁN OS DATOS.

Os datos do/a interesado/a poderán ser comunicados á ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE NORMALIZACIÓN (UNE) ou a entidades do GRUPO AENOR (http://www.gl.aenor.es/aenor/aenor/donde_estamos/donde_estamos.asp) exclusivamente para as finalidades indicadas.
Tamén poderán ser cedidos nos casos en que exista unha obriga legal.

5. LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS

A base legal para xestionar a relación co cliente e outros interesados e para ofrecer información sobre actividades, produtos e servizos relacionados AENOR pode ser a execución dun contrato, ou ben, o consentimento inequívoco do/a interesado/a en caso de non existir unha relación contractual previa.

6. DEREITOS DA PERSOA INTERESADA

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na AENOR estamos tratando datos persoais que lle concirnan ou non. As persoas interesadas e clientes teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación de datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os clientes ou interesados poderán oporse ao tratamento dos seus datos. A AENOR deixará de tratar os datos agás por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

En determinadas circunstancias, os clientes ou interesados poderán solicitar a limitación do tratamento, de xeito que a AENOR só os reservará e utilizará nos casos autorizados pola lei.

Cando os datos se recollen nun formato estruturado, os clientes ou interesados poderán pedir á AENOR a transmisión directa dos seus datos a outros responsables ou recibir os seus datos en formato electrónico, para almacenalos nos seus dispositivos propios, sen necesidade de transmitilos a outros responsables.

O/A interesado/a poderá exercer os devanditos dereitos mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo datos@aenor.com, anexando unha fotocopia do DNI ou documento identificativo substitutivo e indicando claramente o dereito que desexa exercer. Así mesmo poderá realizar a solicitude por correo postal ao enderezo indicado anteriormente.

Finalmente, informamos os interesados de que poden presentar unha reclamación relacionada co tratamento dos seus datos persoais ante a autoridade de control (www.aepd.es).

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar medición da navegación dos usuarios. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí