AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio >

Avisos legais

Termos de uso da web

AENOR non asume ningunha responsabilidade en relación co material incluído nestas páxinas. O devandito material:

Así mesmo, AENOR non se responsabiliza de posibles danos que puidese causarlle ao usuario un uso incorrecto, erróneo, desaxeitado ou indebido dos servizos e contidos desta web por parte deste.

AENOR resérvase o dereito de modificar sen aviso previo a estrutura da súa web, tanto na forma coma nos contidos, incluso dar de baixa a súa edición sen necesidade de lles notificar con antelación esta circunstancia aos usuarios.

Con carácter xeral, a web de AENOR non emprega cookies. Unicamente se é vostede usuario rexistrado, e naquelas páxinas que requiran da súa identificación (durante o proceso de compra e para acceder aos seus datos persoais), empréganse cookies propias de cada sesión, que non se almacenan no seu equipo, desaparecen automaticamente ao abandonar a web da AENOR.

Dereitos da propiedade intelectual ou industrial

A Asociación Española de Normalización e Certificación, AENOR, é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a páxina web, o seu deseño gráfico e os seus contidos, a non ser que se indique titularidade distinta.

Non está permitida a reprodución, a distribución, comercialización, copia, duplicación, cesión, reprodución ou transformación, total ou parcial, gratuíta ou onerosa, desta páxina sen a autorización previa expresa e por escrito da AENOR.

O usuario recoñece que a información á que pode acceder a través da web está protexida por dereitos de propiedade intelectual, industrial ou doutra índole e que calquera utilización desta vulnerando estes dereitos será perseguida de acordo coa lexislación vixente.

Licenza de uso dos Documentos normativos en soporte magnético

Expandir

Por favor lea esta licenza antes do seu uso e cada vez que utilice e grave calquera dos Documentos normativos fornecidos na web da AENOR. O acceso, exportación e descarga dos devanditos Documentos normativos implica a aceptación das condicións recollidas nesta licenza.

1. O cliente (beneficiario) declara estar de acordo con todos os termos e condicións recollidos na presente licenza de uso dos DOCUMENTOS NORMATIVOS UNE fornecidos pola AENOR (en diante os DOCUMENTOS NORMATIVOS). Estes termos e condicións poden estar suxeitos a cambios sen notificación previa no momento que a AENOR estime conveniente. Calquera modificación dos termos desta licenza será posta en coñecemento do beneficiario.

2. Os dereitos de explotación dos DOCUMENTOS NORMATIVOS pertencen en exclusiva á AENOR quen, polo presente contrato, outorga licenza de uso ao beneficiario de acordo coas seguintes estipulacións.

3. AENOR posúe e posuirá en todo momento os seus plenos dereitos de titularidade e propiedade sobre os DOCUMENTOS NORMATIVOS e garante que o asiste o dereito de outorgar ou rexeitar a licenza de uso que se concede polo presente contrato.

O beneficiario non poderá prestar, doar, ceder, asignar, vender ou arrendar a licenza de uso dos DOCUMENTOS NORMATIVOS a terceiros. Todo intento de conceder, transferir, ceder, traspasar, vender, arrendar ou dar copia a terceiros de calquera dos dereitos ou obrigas aquí consignadas terá como efecto a expiración deste contrato de licenza e a consideración da ruptura da boa fe contractual.

O beneficiario está obrigado a adoptar todas as medidas necesarias para evitar que terceiras persoas non autorizadas teñan coñecemento e información dos documentos da AENOR.

O beneficiario deberá manter en bo estado todas as indicacións sobre a propiedade que figuran nos documentos da AENOR (marcas, licenza ao beneficiario, símbolos de copyright, etc.) que determinan a titularidade dos dereitos a favor da AENOR.

O beneficiario manterá os símbolos, as marcas, licenza ao beneficiario ou calquera outra mención de propiedade que a AENOR estableza no seu produto, en todas as reproducións totais ou parciais que fosen autorizadas expresamente pola AENOR en virtude deste contrato.

O beneficiario deberá informar a AENOR de calquera acto de competencia desleal ou de violación dos dereitos de propiedade industrial ou intelectual dos que teña coñecemento, e en xeral, adoptará todas as medidas necesarias para asegurar a confidencialidade e o respecto ao dereito de propiedade que lle corresponde á AENOR.

4. A licenza de uso para os DOCUMENTOS NORMATIVOS outórgase con carácter monousuario e monoposto. O beneficiario non poderá utilizalos nun sistema de rede informática, sistema de acceso simultáneo, páxina web, unidade de proceso central múltiple ou sistema multiusuarios, agás que se estableza un acordo por escrito en tal sentido coa AENOR.

En caso de funcionamento deficiente do seu ordenador, que impida o acceso ou a utilización dos DOCUMENTOS NORMATIVOS pode transferilos a outro ordenador, sempre que se supriman do ordenador desde o cal se transfiren e o uso dos DOCUMENTOS NORMATIVOS no novo ordenador se axuste aos termos deste acordo.

5. AENOR autoriza a impresión do contido dos DOCUMENTOS NORMATIVOS e a transferencia total ou de extractos destes a outras aplicacións ou documentos internos, sempre que o beneficiario cumpra coas seguintes condicións:

  • (a) O beneficiario poderá imprimir directamente dos DOCUMENTOS NORMATIVOS, para o seu uso interno, parte ou a totalidade do seu contido, suxeito a dereitos de propiedade intelectual e incluída nestes. Tal facultade será efectiva desde que as devanditas copias se daten e se destrúan durante os trinta días seguintes á data de copia. As devanditas copias non poderán ser arquivadas ou escaneadas para formar parte dunha colección de referencia de impresións en papel.
  • (b) Baixo ningunha circunstancia o beneficiario estará autorizado a reproducir total ou parcialmente calquera dos DOCUMENTOS NORMATIVOS a menos que se estableza un acordo previo e expreso en tal sentido coa AENOR.
  • (c) Baixo ningunha circunstancia poderán prestarse, doarse, arrendarse, publicarse nas webs, arrendarse, venderse ou distribuírse as copias extraídas dos DOCUMENTOS NORMATIVOS.

6. Confidencialidade. O coñecemento de calquera información contida nos documentos ten a consideración de confidencial e segredo comercial. O beneficiario obrígase a respectar e actuar de acordo con este pacto de confidencialidade. Exclúese deste acordo a información que sexa de dominio público.

7. AENOR non ofrece ningunha garantía, expresa ou implícita, de que os DOCUMENTOS NORMATIVOS sexan axeitados para calquera fin concreto nin que poidan realizar calquera función específica.

O beneficiario notificaralle por escrito á AENOR, dentro dos trinta días naturais seguintes á recepción dos DOCUMENTOS NORMATIVOS, calquera defecto ou erro detectado. Se o beneficiario non avisase á AENOR ao respecto, entenderase que o beneficiario encontra os devanditos DOCUMENTOS NORMATIVOS á súa enteira satisfacción.

No caso de apreciarse defectos no soporte físico no que se presentan os DOCUMENTOS NORMATIVOS, AENOR garante a devolución do importe do prezo pagado ou a reposición dos DOCUMENTOS NORMATIVOS no prazo dos trinta días seguintes á súa data de venda. En ningún caso se remitirá un soporte magnético novo sen recibir previamente o material defectuoso.

8. En ningún caso se considerará a AENOR responsable de calquera dano, con independencia das súas causas, que poidan xurdir, directa ou indirectamente, en relación con esta licenza. O "dano resultante" incluirá a perda de beneficios, ingresos, uso (ou perda financeira similar), calquera pagamento efectuado ou debido a terceiros, perda económica ou calquera imposibilidade por parte dos DOCUMENTOS NORMATIVOS para realizar calquera función concreta.

A responsabilidade da AENOR, de calquera tipo, relativa á subministración dos DOCUMENTOS NORMATIVOS, non poderá exceder da cantidade á que ascenden os dereitos de licenza destes.

O beneficiario autorizará calquera representante acreditado da AENOR a visitar os seus locais, co obxecto de comprobar o exacto cumprimento dos termos desta licenza.

9. AENOR non se responsabiliza ante o beneficiario de ningún malentendido ou terxiversación que poida xurdir en relación con calquera comunicación que se efectúe verbalmente entre as partes, con independencia da súa orixe. Calquera aviso formal que calquera das partes poida ou estea obrigada a dar ou a subministrar á outra parte enviarase por correo certificado e o xustificante de envío da oficina de correos será a proba da súa recepción.

10. Calquera incumprimento polo beneficiario relativo aos dereitos aquí pactados, considerarase unha trasgresión da lexislación aplicable en Propiedade Intelectual. Se a AENOR tivese coñecemento da violación dalgún dos termos desta licenza, poderá revogala inmediatamente enviando para iso unha simple comunicación neste sentido, sen dereito do CLIENTE ao reembolso dos pagamentos satisfeitos ata entón.

11. Con renuncia expresa a calquera foro que puidese corresponderlles, as partes contratantes, en todo o que se refire á interpretación ou cumprimento do presente contrato, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos xulgados e tribunais de Madrid capital.

VOSTEDE RECOÑECE QUE LEU OS TERMOS DESTA LICENZA DE USO E ACORDA QUEDAR VINCULADO AOS SEUS TERMOS

Condicións de venda

Expandir

O servizo de compra on-line da AENOR pon á súa disposición todas as normas UNE editadas, normas IEC en español, cursos en CD-ROM e unha completa liña editorial especializada sobre normalización, calidade, xestión e ambiente.

Este servizo permite obter as normas de forma inmediata, mediante a entrega on-line dos documentos normativos adquiridos, xestionar os seus pedidos facilmente, dispor dun servizo personalizado e facer as súas compras coa maior seguridade.

Condicións xerais de venda

Realización do pedido

Pode engadir á súa cesta da compra os diferentes produtos con obxecto de realizar un pedido á AENOR ou formalizar a súa compra a través da Internet.

Os pedidos son servidos desde a nosa sede social ao enderezo que nos indique no formulario "Datos do cliente", con excepción daquelas normas en que vostede seleccione a opción de entrega on-line.

Os prezos das normas e publicacións que aparecen nas diversas seccións non inclúen impostos nin gastos de envío.

Unha vez cuberto o formulario "Datos do cliente" poderá ver o seu "Pedido en curso" con todos os artigos cargados na cesta da compra, os seus prezos, impostos establecidos na lexislación vixente e gastos de envío se fosen de aplicación.

Entrega dos pedidos

Entrega en liña

As normas que comprase e seleccionase estarán dispoñibles para a súa entrega on-line, nunha páxina privada á que só vostede poderá acceder, durante un período de sete días desde a data da compra (sempre que o pagamento sexa aceptado).

Nesta páxina poderá escoller como quere recibir cada unha das normas: envío ao seu enderezo de correo electrónico ou descarga a través do web.

Para acceder á súa páxina persoal acuda á páxina "Entrega on-line" da sección Área de clientes. Para garantir que só vostede ten acceso ás súas compras debe estar rexistrado como cliente da AENOR, dispondo entón dun identificador de cliente e dunha clave persoal secreta.

Servizo desde as oficinas da AENOR

Os pedidos servidos desde as nosas oficinas envíanse a través dun servizo de correo rápido por mensaxeiros. O prazo máximo de entrega no territorio español, desde a aceptación do pedido por parte do noso Servizo de Publicacións, é dunha semana no caso de normas UNE, normas IEC en español ou publicacións editadas pola AENOR e de quince días no caso de normas ou publicacións estranxeiras distribuídas pola AENOR.

As existencias dos libros son limitadas e a súa aparición na web non implica dispoñibilidade inmediata. No caso de non dispor do libro solicitado, poriámonos en contacto con vostede para informalo da demora na recepción do seu pedido.

Garantía de devolución

Se no transcurso de sete días desde a súa recepción os produtos adquiridos non o satisfán, abondará con devolvelos na súa embalaxe orixinal e en perfectas condicións, correndo os gastos de envío e recollida por conta do cliente.

Formas de pagamento

A AENOR pon ao seu dispor diversas formas de pagamento:

  • Tarxeta de crédito ou débito na través da web (Visa, MasterCard, etc.) ou mediante chamada telefónica (+34 914 326 036) á AENOR (Visa, MasterCard, Amex, etc.) única forma de pagamento establecido no caso de que desexe que as normas UNE sexan entregadas en liña.
  • Transferencia bancaria. En caso de optar por esta forma de pagamento é necesario enviar previamente á AENOR unha copia da transferencia e do pedido por fax (+ 34 913 10 36 95) ou por correo electrónico a normas@aenor.com.

Impostos

As compras realizadas por residentes nos estados membros da Unión Europea estarán suxeitas ao pagamento de IVE (Imposto sobre o valor engadido).

No caso de persoas xurídicas e persoas físicas que, actuando como empresarios, teñan o seu domicilio nalgún Estado membro da Unión Europea (agás residentes en España) e posúan NIF/VAT intracomunitario inscrito no censo VIES, estarán exentas do pagamento do IVE, sendo condición imprescindible o envío do devandito documento por correo electrónico a normas@aenor.com ou ao fax +34 913 103 695.

As compras realizadas a título particular (persoa física), independentemente de onde teñan a súa residencia, estarán suxeitas ao pagamento do IVE.

As compras realizadas por entidades en países extracomunitarios estarán exentas do pagamento do IVE, sempre e cando envíen o correspondente documento de residencia fiscal por correo electrónico a normas@aenor.com ou ao fax +34 913 103 695.

As vendas realizadas nos territorios de Canarias, Ceuta e Melilla, e que non sexan persoas físicas, disporán de réxime fiscal especial conforme ás leis vixentes na materia, sendo condición imprescindible o envío do correspondente documento acreditativo por correo electrónico a normas@aenor.com ou ao fax +34 913 103 695.

As operacións de venda entenderanse realizadas no domicilio social da AENOR: Génova 6, 28004, Madrid - España.

Lei aplicable

As presentes condicións xerais de venda réxense pola Lei española sobre marcas, propiedade industrial e intelectual, e, en xeral, por calquera disposición legal en vigor que sexa de aplicación.

As partes, con expresa renuncia ao foro que puidese corresponderlles, sométense aos xulgados e tribunais da cidade de Madrid para dirimir calquera diferenza que puidese derivarse destas condicións xerais de venda.

Gastos de envío

Os gastos de envío calcúlanse en función tanto do destino final do pedido como do número de produtos solicitados. Inclúen gastos de transporte e embalaxe.

Gastos de envío
Destino Ata tres normas e/ou publicacións A partir de tres normas e/ou publicacións
 
Os posibles impostos que afectasen non están incluídos nestes prezos.
Península 7,31€ 8,60 €
Baleares 18,04 € 23,34 €
Canarias, Ceuta e Melilla 18,04 € 23,34 €
Europa 59,17 € 80,07 €
Estados Unidos e Canadá 70,07 € 96,94 €
Resto do mundo 91,94 € 115,91 €

Protección de datos e confidencialidade

Expandir

De conformidade co que se dispón na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, AENOR infórmao/a de que:

  • Os datos por vostede subministrados pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado propiedade da AENOR, rexistrado no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.
  • Os devanditos datos só serán empregados con fins de xestión, así como para remitirlle información sobre as actividades, produtos e servizos que poidan resultar do seu interese.
  • AENOR adoptou os niveis de seguridade esixidos aos datos facilitados instalando as medidas técnicas e organizativas necesarias, tendo en conta o estado da tecnoloxía, para evitar a súa perda, alteración, uso desaxeitado ou accesos non autorizados a estes.
  • AENOR asegura a confidencialidade dos datos achegados, garantindo que non serán cedidos a terceiros alleos á asociación.
  • Vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, dirixíndose mediante carta, fax ou correo electrónico, anexando fotocopia do seu DNI, á AENOR, Génova, 6 - 28004 Madrid, fax: 913 104 032 - datos@aenor.es
  • Os seus datos poden ser empregados para remitirlle por correo electrónico información de carácter publicitario do seu interese. Se non desexa recibir este tipo de información, por favor indíqueo expresamente en calquera dos formularios de solicitude de datos incluídos nas nosas páxinas.

Política de seguridade

Expandir

Un obxectivo prioritario da AENOR é garantir a seguridade da información e a confidencialidade dos datos que vostede nos envía pola Internet.

AENOR adoptou os niveis de seguridade esixidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos aos datos que nos facilitou, instalando as medidas técnicas e organizativas necesarias, tendo en conta o estado da tecnoloxía, para evitar a súa perda, alteración, uso desaxeitado ou accesos non autorizados a estes.

Para iso, o servizo de compra a través da web da AENOR utiliza a tecnoloxía de seguridade Secure Socket Layer (SSL), sistema que permite o cifrado da información que nos envíe, incluíndo os datos do pedido e os da tarxeta de crédito ou débito empregada para formalizar o pagamento, facendo moi difícil a súa lectura mesmo se fose interceptada inadecuadamente. O servidor da AENOR está certificado, de xeito que o seu navegador pode confirmar a identidade da tenda da AENOR antes de que ningunha transmisión sexa enviada. Este certificado garante a identidade do ordenador de destino ao que se están a enviar os seus datos.

Pode recoñecer que a seguridade SSL está operativa mediante a aparición da icona dun cadeado no bordo inferior da maioría dos navegadores. Se pulsa sobre esta icona aparecerá o certificado asociado coa conexión de seguridade.

Non obstante, no caso de estar realizando unha compra en liña, se non utiliza un navegador con estas características estándar de seguridade ou non desexa facilitar os datos da súa tarxeta de crédito ou débito a través da web, pode realizar o pagamento comunicando os seus datos telefonicamente ao Servizo de Publicacións da AENOR ou por transferencia bancaria.

Política de cookies

A AENOR infórmao/a de que a nosa páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para medir e analizar a navegación dos nosos usuarios.

As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accede á nosa web coas finalidades descritas nesta sección.

A AENOR utiliza na súa páxina dous tipos de cookies:

  • Cookies técnicas: Son aquelas creadas e xestionadas unicamente pola AENOR, e permítenlle ao usuario a navegación a través da nosa páxina web e a utilización dos diferentes servizos da AENOR como identificación da sesión, realizar compras, descarga dos produtos adquiridos, acceso aos diferentes tipos de subscricións.
  • Cookies de análise: Son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros que nos permiten cuantificar o acceso de usuarios e así realizar análises estatísticas da utilización da web. Para conseguilo analízase a súa navegación na web da AENOR co fin de mellorar as nosas funcionalidades. As aplicacións de terceiros usadas pola AENOR son Google Analytics e ShareThis.

As aplicacións de terceiros préstannos o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web da AENOR e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social en que se publican as nosas noticias, cidade ou rexión á que está asignado o enderezo IP desde o que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.

Así mesmo, elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar medición da navegación dos usuarios. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí